|
||||||||||||||||||||||||||||||
Fíbula anular en omega, con aro de sección circular, decrecente e interrompido, cuxos extremos voltos cara o aro rematan en botón cónicos, decorados mediante molduras, adoptando a forma da letra grega Omega. A agulla ou alfinete, totalmente independente do aro, fíxase mediante unha argola perforada. Atendendo aos remates do aro, poden clasificarse en diferentes tipos.
Estas fíbulas son de uso xeneralizado e cotián. A cronoloxía destas fíbulas é enormemente ampla, dependendo dos tipos, e o seu arco cronolóxico esténdese desde a súa aparición, no século III a.C., ata o século VI d.C. Con todo, é habitual a súa aparición en contextos claramente romanos, sobre todo no Noroeste, e por iso constitúen o corpo máis numeroso do catálogo de fíbulas de Lucus Augusti.