|
||||||||||||||||||||||||||||||
Fibela de cinturón con aro pechado en forma de “D” e decoración de liñas incisas. Este tipo de fibela, de difícil adscrición, asemellase as fibelas de tipo “Cabriana”, segundo o estudo realizado por Aurrecoechea (1999), cunha cronoloxía que se establece no século IV ata a primeira metade da centuria seguinte.
A proliferación en Hispania de elementos de cinturón tardorromanos provocou a elaboración de distintas hipóteses de traballo para determinar o seu carácter militar ou civil.