Fíbula de arco
Procedencia:
Depósito:
Titularidade:
Cultura:
Uso:
Técnica
Orixe:
Cronoloxía:
Dimensións:
Peso:
Material/Grupo:
Forma:
Doutor Castro, 9 (2016)
Museo do Castro de Viladonga
Depósito da Xunta de Galicia
Suevo-visigoda
Adorno persoal
Fundición
Indeterminado
Finais século V - século VI d.C.
Lonx.: 7,3 cm / Grosor: 3-3-2, mm
14 g 
Bronce / Fíbulas
Tipo Arco
Descrición

Fíbula do tipo arco/ponte, co corpo realizado en bronce, á cera perdida, con posterior aplicación dos sistemas de enganche e finalmente enriquecida cun recubrimento de ouro na práctica totalidade da superficie, probablemente por amalgama, e adornada no seu anverso con motivos xeométricos e catro cápsulas para doas circulares de pasta vítrea.

As fíbulas de arco constitúen un dos elementos máis característicos e definitorios das poboacións “xermánicas” no tránsito do mundo tardorromano á alta idade media, contando cunha enorme distribución, no seu gran número de variantes tipolóxicas, por toda a Europa occidental, acorde a un período de gran mobilidade da poboación e fortes fluxos migratorios.

Bibliografía
001
001
001
001
001
001
001
001
001