|
||||||||||||||||||||||||||||||
Cunco de perfil carenado que corresponde á forma Drag. 29. Presenta unha decoración a molde en dúas bandas de friso continuo con motivos de grilandas enmarcadas por liñas de perlas.
A sigillata marmorata fabricouse en exclusiva nos talleres galos de La Graufesenque. Caracterízase polo seu verniz amarelo con vetas en vermello ou granate, que imita o mármore. A súa produción céntrase principalmente no período de Claudio- Nerón con pervivencia en época Flavia. A súa presenza en Lucus Augusti é moi puntual e testemuña dos contactos comerciais co sueste das Galias.