|
||||||||||||||||||||||||||||||
Fragmento dun prato de Terra Sigillata Hispánica da forma Drag. 15/17. A súa pasta é dura, fina e de cor vermella brillante. Pé de sección triangular e base interna con dobre moldura e botón central anguloso ben marcado. Fondo levemente anguloso, decorado por unha acanaladura perimetral e no seu centro conserva o selo, case completo, de sección rectangular coa marca EX OF VALMA, que se interpreta como pertencente ao taller de Valerius Maternus.