Cunco de T. S. Hispánica
Procedencia:
Depósito:
Titularidade:
Cultura:
Uso:
Técnica
Orixe:
Cronoloxía:
Dimensións:
Peso:
Material/Grupo:
Forma:
Rúa Nova, 19 (1991)
Servizo Municipal de Arqueoloxía
Depósito da Xunta de Galicia
Romana
Servizo de mesa
Molde
Tricio, A Rioxa
Século II d.C.
Diámetro: 20 cm. Altura: 11 cm
 
Arxila / Terra Sigillata
Drag. 37
Descrición

Cunco de perfil hemisférico da forma Drag. 37. Bordo recto ou lixeiramente inclinado cara ao interior. Parede de perfil curvo e fondo circular con pé de perfil triangular. A decoración, a molde, organízase en dous frisos, onde un motivo formado por tres círculos concéntricos segmentados repítese sen solución de continuidade, aínda que no superior divídese o espazo cun elemento vertical. A decoración de círculos enmárcase no terceiro estilo decorativo altoimperial establecido por Mezquíriz.

A Terra Sigillata Hispanica inicia a súa produción a mediados do século I d. C. En Lucus Augusti aparecen a case totalidade das formas producidas polas olerías peninsulares (pratos, cuncos, copas), destacando as formas e estilos decorativos dos obradoiros da área rioxana, en particular Tritium Magallum (Tricio). A forma 37 hispánica, como a súa homónima gálica, aparece nos mercados a partir do ano 70 d. C. e permanece ata o século IV. Con todo, esta peza aparece amortizada nun contexto arqueolóxico datado a principios do século II d. C.

Bibliografía
001
001
001
001
001
001
001
001
001
001
001