Cunco de T.S.H. Tardía
Procedencia:
Depósito:
Titularidade:
Cultura:
Uso:
Técnica
Orixe:
Cronoloxía:
Dimensións:
Peso:
Material/Grupo:
Forma:
Rúa Doutor Castro, 18 (1998)
Servizo Municipal de Arqueoloxía
Depósito da Xunta de Galicia
Romana
Servicio de mesa
Molde
Val do Ebro
Segunda metade do século IV - século V d.C.
Diámetro: 22,50 cm. Altura: 17 cm.
 
Arxila / Terra Sigillata
Hisp. 42
Descrición

Cunco globular que recibe a denominación de forma Hisp. 42, cuxo bordo tende a pecharse na parte superior, beizo engrosado. Na parte superior do corpo, próxima ao bordo, presenta un friso decorado cunha combinación de barras simples verticais estampilladas. Na zona inferior, a decoración está realizada a molde, consistente en grandes rosetas inseriras en círculos dobres, trazados a compás, do mesmo xeito que os pequenos semicírculos que enchen os ocos e completan a síntese decorativa. A decoración relaciónase co denominado “segundo estilo” de Mayet.

A terra sigillata hispánica tardía segue sendo unha vaixela fina de mesa que se mantén na tradición da sigillata altoimperial, aínda que con moitos cambios técnicos, formais e decorativos que se van producindo ao longo do século III. Nas primeiras décadas do século IV a produción xa está totalmente caracterizada. Fabrícase en talleres do val do Ebro e Douro, e o seu principal ámbito de expansión prodúcese pola metade setentrional da Península Ibérica. En Lucus Augusti está moi ben representada con pratos, cuncos e xerras. A forma 42 parece xurdir nun momento xa avanzado do século IV, posiblemente no terceiro terzo, manténdose no mercado durante toda a centuria seguinte.

Bibliografía
001
001
001
001
001
001
001
001
001
001
001