Cunco de T.S. Gálica
Procedencia:
Depósito:
Titularidade:
Cultura:
Uso:
Técnica
Orixe:
Cronoloxía:
Dimensións:
Peso:
Material/Grupo:
Forma:
Rúa Recatelo, 16 (1990)
Servizo Municipal de Arqueoloxía
Depósito da Xunta de Galicia
Romana
Servizo de mesa
Molde
La Graufesenque (Galia)
Mediados século I d.C.
 
 
Arxila / Terra Sigillata
Drag. 29b
Descrición

Cunco de perfil carenado que corresponde á forma Drag. 29b. O bordo aparece decorado a roda, mentras que o resto do vaso presenta unha decoración a molde, en dúas bandas de friso continuo con motivos de grilandas enmarcadas por liñas de perlas.

A Terra Sigillata Gálica, procedente das olerías provinciais do sur da Galia (La Graufesenque, Montans), aparece a partir dos anos 25-30 d.C., substituíndo aos talleres itálicos. A vaixela gálica importada presente en Lucus Augusti redúcese practicamente aos pratos e copas, lisos ou decoradas a molde. Coñecemos algúns dos oleiros que asinan estes produtos como Albanus, Albinus, Licinus, Modestus, Famius.

Bibliografía
001
001
001
001
001
001
001
001
001
001
001