Prato T.S. Africana
Procedencia:
Depósito:
Titularidade:
Cultura:
Uso:
Técnica
Orixe:
Cronoloxía:
Dimensións:
Peso:
Material/Grupo:
Forma:
Rúa Nova (1998)
Servizo Municipal de Arqueoloxía
Depósito da Xunta de Galicia
Romana
Servizo de mesa
Molde
Tunisia, África
Segunda metade século IV d.C. - século V d.C.
6,5 x 6 cm.
 
Arxila / Terra Sigillata
Hayes 55 o 53 A
Descrición

Fragmento de bordo, recortado, dun gran prato ou fonte de terra sigillata africana clara C. Trátase dun prato de gran tamaño, cun bordo plano ascendente e decorado con relevos aplicados. Na decoración represéntase unha embarcación coas velas recollidas, sendo ben visibles os mastros e as cordas. Ademáis, aliñadas sobre a borda, aparecen catro cabezas humanas de tamaño desproporcionado. Unha quinta figura, de pé na popa, parece ollar o horizonte. A actitude deste personaxe suxere que nos achamos ante unha imaxe do famoso mito de Ulises e as sereas, pero tamén pode facer alusión a unha escena da pasaxe biblíca de Jonás e a balea.

A terra sigillata africana elaborouse na África Proconsular e Mauritania (de Alxeria a Libia, con Tunisia como epicentro), entre os séculos I e VII d. C. Presenta un verniz alaranxado ou vermello-alaranxado e as pezas foron decoradas con barbotina, roda, con motivos estampados, con relevo aplicado e con molde. Atendendo ao seu lugar de produción e á súa evolución cronolóxica, distínguense ata sete producións diferentes (A, A/D, C, C/E, E, D e as producións continentais). De forma xeral, a sigillata africana atopou un bo mercado na Península Ibérica, sobre todo na metade sur e zonas costeiras, incluídas as costas galegas. Con todo, en Lucus Augusti apenas está presente dunha forma testemuñal, aínda que con exemplares excepcionais como este.

Bibliografía
001
001
001
001
001
001
001
001
001
001
001