Prato T.S. Africana
Procedencia:
Depósito:
Titularidade:
Cultura:
Uso:
Técnica
Orixe:
Cronoloxía:
Dimensións:
Peso:
Material/Grupo:
Forma:
Rúa Nova (1998)
Servizo Municipal de Arqueoloxía
Depósito da Xunta de Galicia
Romana
Servizo de mesa
Molde
Tunisia, África
Segunda metade século IV d.C. - século V d.C.
Diámetro: 50 cm
 
Arxila / Terra Sigillata
Hayes 55 ou 53 A
Descrición

Fragmento de bordo dunha fonte ou pátera de terra sigillata africana clara C. Trátase dun prato de gran tamaño, cun bordo plano ascendente e decorado con relevos aplicados. A decoración que se conserva consiste nun relevo aplicado coa figura dun xabaril e un arbusto sobre o que repousa unha pomba. Ambos os dous motivos atopan o seu paralelo en Ostia. Este fragmento puido pertencer ao mesmo recipiente que a peza co motivo da embarcación.

A terra sigillata africana elaborouse na África Proconsular e Mauritania (de Alxeria a Libia, con Tunisia como epicentro), entre os séculos I e VII d. C. Presenta un verniz alaranxado ou vermello-alaranxado e as pezas foron decoradas con barbotina, roda, con motivos estampados, con relevo aplicado e con molde. Atendendo ao seu lugar de produción e á súa evolución cronolóxica, distínguense ata sete producións diferentes (A, A/D, C, C/E, E, D e as producións continentais). De forma xeral, a sigillata africana atopou un bo mercado na Península Ibérica, sobre todo na metade sur e zonas costeiras, incluídas as costas galegas. Con todo, en Lucus Augusti apenas está presente dunha forma testemuñal, aínda que con exemplares excepcionais como este.

Bibliografía
001
001
001
001
001
001
001
001
001
001
001