Cunco de T.S. Hispánica
Procedencia:
Depósito:
Titularidade:
Cultura:
Uso:
Técnica
Orixe:
Cronoloxía:
Dimensións:
Peso:
Material/Grupo:
Forma:
Rúa Recatelo, 16 (1990)
Servizo Municipal de Arqueoloxía
Depósito da Xunta de Galicia
Romana
Servizo de mesa
Molde
Tricio, A Rioxa
60 - 100 d. C.
Diámetro: 19 cm. Altura, 8,50 cm.
 
Arxila /Terra Sigillata
Drag. 29
Descrición

Cunco de perfil carenado da forma Drag. 29. Bordo lixeiramente exvasado, con moldura ruletada e fondo semicircular con pé de sección triangular. A decoración, a molde, distribúese en dúas bandas ou frisos seguindo o estilo de metopas, delimitadas polos típicos baquetóns e acanaluduras. No friso superior sucédense paneis con figuras de animais en alternancia con motivos xeométricos; mentres que no inferior, alternan círculos concéntricos de liña ondulada, separados por un elemento vertical que compartimenta o espazo a modo de metopa.

A Terra Sigillata Hispanica inicia a súa produción a mediados do século I d. C. En Lucus Augusti aparecen a case totalidade das formas producidas polas olerías peninsulares (pratos, cuncos, copas), destacando as formas e estilos decorativos dos talleres da área rioxana, en particular Tritium Magallum ( Tricio). A peza que nos ocupa, tendo en conta os aspectos técnicos, formais e decorativos, debeu de fabricarse entre os anos 60 e 100 d. C., aínda que o contexto no cal apareceu amortizada hai que datalo nas primeiras décadas do século II.

Bibliografía
001
001
001
001
001
001
001
001
001
001
001