|
||||||||||||||||||||||||||||||
Cunco de parede vertical, lixeiramente abombada, pé realzado, da forma Drag. 30. Decoración en friso con sucesión de motivos vexetais, enmarcado por bandas de círculos entrelazados.
A Terra Sigillata Hispanica inicia a súa produción a mediados do século I d. C. En Lucus Augusti aparecen a case totalidade das formas producidas polas olerías peninsulares (pratos, cuncos, copas), destacando as formas e estilos decorativos dos obradoiros da área rioxana, en particular Tritium Magallum (Tricio). A forma 30 hispánica, presenta características semellantes ao modelo gálico, diferenciándose deste por presentar, en xeral, o bordo exvasado e unha moldura interna en cuarto de círculo no punto de unión parede/fondo.